Sinalización das igrexas parroquiais e a Ponte de Mosteiro en Tui

Para valorizar o patrimonio cultural e parroquial

Tui | O Concello de Tui pon en valor as igrexas parroquiais coa instalación de sinalización turística nos templos de Santa Mariña en Areas, Santiago de Malvas, Nosa Señora da Guía en Randufe, O Anxo en Pazos de Reis, Santa Comba en Ribadelouro, San Mamede en Guillarei, San Xoán en Paramos, Santiago en Baldráns e San Martiño en Caldelas. Tamén se procedeu a sinalizar outros elemento patrimonial destacado coma é a Ponte do Mosteiro en Pexegueiro.

Esta actuación súmase á realizada en anos anteriores na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, na Capela de Nosa Señora do Camiño de Rebordáns ou a igrexa parroquial de San Miguel de Pexegueiro.

A sinalética colocada para a identificación destes bens culturais cumpre coas especificacións técnicas do Manual de sinalización turística de Galicia. Esta intervención conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, comenta que a información e promoción dos recursos patrimoniais “é unha ferramenta básica da actuación do Concello de Tui no ámbito cultural e turístico que abrangue non unicamente os recursos ligados co conxunto histórico tudense senón ao amplo abano de elementos patrimoniais que conservan as diversas parroquias do noso municipio”. Con esta intervención todas as igrexas parroquiais do noso concello contan cunha sinalización que informa do seus valores culturais e patrimoniais.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos