Simulacro de incendios forestais transfronteirizos en Salvaterra

Este martes 20 de xuño na parroquia de Alxén

Salvaterra de Miño | Este martes 20 de xuño ás 11.00h terá lugar en Seganosa, Alxén – Salvaterra de Miño a través de Axega, 112, Interreg e CIM Alto Minho un simulacro de Incendios Forestais Transfronteirizos.

Un simulacro de incendios forestais transfronteirizos ao que queremos facer partícipe a toda a poboación que estea interesada en asistir, xa que o obxectivo deste simulacro é sobre todo didáctico, é dar a coñecer as medidas de autoproteción en caso de incendios forestais.