Servizo de transporte entre Allariz e o Ecoespazo de O Rexo

Comeza o día 3 de agosto de xeito experimental

Allariz | A partir do xoves día 3 de agosto a Empresa Gavilanes e a Granxa de O Rexo implantaran experimentalmente, un servizo de autobuses que unirá a vila de Allariz co Ecoespazo de O Rexo.

Os autobuses sairán as 18,00h dende a oficina de información de Allariz (alameda do Arnado) con parada na Barreira (Campo da feira) para dirixirse ata o Rexo. Haberá outro autobús que sairá as 21,00h dende o Ecoespazo de O Rexo con paradas na Barreira e na oficina de información de Allariz.

A Fundación Ramón González Ferreiro e a Granxa de O Rexo teñen posto en marcha una remodelación do Ecoespazo que incluie unha praia fluvial apta para o baño e unha tenda onde se poden mercar os produtos da reserva da Biosfera de Allariz ou gostar dunha boa merenda.

O servizo de transporte entre Allariz e o Rexo viña sendo unha demanda dos usuarios de O Rexo, máxime agora en tempada de verán, para poder utilizar a marabillosa paraxe do río Arnoia naquel lugar. A viaxe ten un custo de 3€ ida e volta. Pero a granxa de O Rexo pon a disposición dos usuarios bonos de desconto cos que se poderá mercar 3 viaxes de ida e volta por 5€. Os bonos poderanse mercar na oficina de información, na tenda de O Rexo ou no propio bus.