Semana de Cine de Lugo homenaxea ao fotógrafo vilalbés Valentín Purriños

Pola súa prolífica traxectoria profesional
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Tareixa Ferreiro Tallón, entrega a Valentín Purriños o agasallo-homenaxe diante do representante da Xunta de Galicia, Gerardo Criado, xefe provincial de Presidencia, que foi tamén Alcalde de Vilalba.

Lugo | Este 22 de setembro, a Semana de cine de Lugo rendeu homenaxe pola súa traxectoria profesional no mundo da imaxe ao fotógrafo vilalbés VALENTÍN PURRIÑOS PAZ.

A homenaxe celebrouse diante do edificio da Deputación Provincial de Lugo, xunto á exposición MEMORIA FONMIÑÁ, que con motivo da Semana se ten instalado nesa praza cunha selección de fotografías de 43 fotógrafos pertencentes á antiga ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA LUCENSE DE EDUCACIÓN Y DESCANSO, que hai anos se integrou no GRUPO FOTOGRAFÍCO FONMIÑÁ, xunto con fotógrafos anteriores e actuais deste grupo.

Foto de familia da homenaxe.

Na homenaxe participaron representantes das entidades que impulsan a semana de cine xunto con directivos de Fonmiñá e da semana de cine.