Segunda edición da “10K Concello de Salceda”

Na primeira edicción contou con 800 participantes

Martin Acuña (EDM), Juan Estévez (EDM) e Marina Cabaleiro (Tenente Alcalde)
Salceda de Caselas | Trátase dunha carreira popular, organizada pola Concellería de Deportes e que conta ca colaboración das Escolas Deportivas Municipais.
Esta carreira realízase por segundo ano consecutivo e está enmarcada dentro da planificación deportiva desta Concellería onde queremos dar cabida a todo tipo de actividades deportivas.
O evento está diposto para o próximo 4 de maio e contará con probas para distintas categorías:
– A categoría absoluta será as 10:30 horas (ano 1997 e anteriores)
– Resto das categorías a partires das 12.00 horas.
A entrega de trofeos e sorteo de agasallos comenzará ás 13:00 horas.
A liña de saída estará situada na Praza do Concello e a categoría absoluta precorrerá 10 km. que se desenrolarán polas rúas da vila, senda do Río Caselas e polas distintas parroquias do municipio.
Este concello acolle por segunda vez unha carreira puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares (circuíto 2013/2014)
Os participantes deben inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 29 de abril ás 22:00 horas , e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.salcedadecaselas.es ou dirixíndoxe a Concellería de Deportes.
Ese mesmo día, aproveitando a celebración desta carreira, a concellería de deportes e as EDM tamén organizan unha kedada para que os máis pequenos poidan intercambiar os cromos do Álbum do Deporte que acolle cromos de todos os deportistas das Escolas Deportivas Municipais e clubes do concello.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “despois do éxito do pasado ano, non podíamos deixar de dar a demanda de moitos veciños e veciñas para que volvésemos a realizala. Non podo esquecer tampouco a importancia dos patrocinadores neste evento, a Bolsa de Voluntarios de Salceda e Policía Local”