“Crer no sentido común é a primeira falta de sentido común”.
Eugene O’Neill (1888-1953). Dramaturgo estadounidense. Premio Nobel de Literatura en 1936.
O Debate sobre o Estado da Autonomía na Galiza, de abril do 2026, consolidou o discurso de Alfonso Rueda, enfocado, según él “na estabilidade, na xestión moderada e na reivindicación de gobernar con sentidiño”.
Dende a oposición e diferentes sectores de opinión, deixóuselle claro que a política que leva facendo o PP nos últimos 17 anos, levan á Galiza a un declive evidente en materia sanitaria e que si continúan ca súa ideoloxía de desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público, tal e como o coñecemos, levaranos a unha Sanidade do terceiro mundo. A cidadanía perde dereitos sanitarios día a día e os que poden, acuden á privada para solucionar o ben máis preciado que teñen: a súa saúde!
Como se explica que os recortes do PP durante 17 anos, deixen á Galiza co número de camas hospitalarias más baixo dende 1999? O Instituto Galego de Estatística, ven de publicar este informe onde aprecia que temos 3,27 camas por cada 1.000 habitantes no 2026, frente a 3,6 que tiñamos en 1999. A media europea está en 5,1.
Como se explica que a AP, teña o 28% de prazas vacantes nos Centros de Saúde. Según o Consello de Contas a inversión en AP na Galiza é do 12%, moi lonxe do recomendado pola OMS que é do 25%. É ísto gobernar con sentidiño? Temos que sufrir os Galegos a neglixencia deste goberno do PP en materia sanitaria e padecer os colapsos diarios para ser atendidos no SERGAS? O PP ten unha estratexia: favorecer os intereses dunha clase política, que non sufre desa “incompetencia” do día a día, pois acuden á privada, moitas veces relacionada ca inversión dende o Público a cambio do seu apoio ás políticas neoliberais do PP.
Como é posible, según o Sindicato Médico de Granada, que os Residentes de Galicia de Primeiro e de Segundo ano, despois de 6 duros anos de estudo de Medicina, cobren menos que o Salario Mínimo Interprofesional? 1.152 e 1.207 €/mes. Somos a CCAA que menos paga aos seus Residentes… Que “sentidiño” ten?
“A Saúde Mental é un problema de enorme magnitude na actualidade”
A Saúde Mental é un problema de enorme magnitude na actualidade. Na Galiza, seguimos esperando polo anhelado Plan de Saúde Mental, consensuado, que permita saír do estancamento, no que se encontra a xente que precisa deste servizo. Temos 26 Psicólogos Clínicos para todo o País. Un Psicólogo Clínico para 103.846 persoas! Ten esto sentidiño? Rueda prometeu 2 Psicólogos máis na AP…para 400 Centros de Saúde…A ratio é de 6 Psicólogos Clínicos por cada 100.000 habitantes. No estado estamos en 9-12 e na Unión Europea 19.
Que País pode soportar ter a 49.554 persoas nunha Lista de Agarda para cirurxía a finais do 2025? Dados do Ministerio de Sanidad. Ten algún sentidiño?
Pero cando falamos de Incompetencia ou Estratexia, temos que referirnos a Débeda Pública. O que gasta o PP na Galiza é moito máis do que ingresa (cun orzamento para 2026 de 14.000 millóns de €). Si non teñen “problema de chequeira” (Rueda dixit), que sentidiño ten? Según dados do Banco de España, a 31 de decembro do 2025, o endebedamento era de 12.010 millóns, 8.056 millóns de € máis que fai 17 anos…Pero as falcatruadas non quedan aquí: no ano 2022, a Xunta, deixou sin executar máis da metade dos fondos europeos dispoñibles. Ten ísto sentido? E inda por riba, rexeitan a condonación da débeda de 4.010 millóns de €.
Rueda no debate do Estado da Autonomía do 2024 dixo: “crearemos 24 centros de maiores, con 1.800 novas prazas de atención, en concellos de menos de 50.000 habitantes…”. E que casualidade: dixo o mesmo no 2025… Ademáis de tomarnos por parvos, pensa que non temos memoria e que pode seguir embaucando á xente…pero xa non cola!
E a última ocorrencia destos “bos xestores” é o tema das Baixas Laborais. Rueda, ten unha teima importante para tomar sempre medidas que perxudican aos traballadores e benefician ás clases máis favorecidas. Esta medida, pon en cuestión a actitude dos Médicos (que os volve a poñer no disparadeiro da opinión pública) e a dos traballadores (ós que considera vagos e faltos de profesionalidade). Tamén pon en cuestión o Sistema de Inspección co que conta o SERGAS. Ademáis, dalle ás Mutuas (de carácter privado, claro) a capacidade de propoñer as Altas por riba da propia Inspección. Dados da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal.
Ten todo ísto sentidiño ou Eugene O’Neill tiña razón?
Dr. Xosé María Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.





