Saneamento integral nas parroquias mosenses de Louredo e Tameiga

Cun investimento de 100.000€ para dar servizo a 20 casas

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe que desde a admistración local continúanse a dar importantes pasos para completar a rede de saneamento no municipio.

O Concello de Mos inviste 100.000 euros en dúas obras de saneamento nas parroquias de Louredo e Tameiga. Trátanse de traballos de instalación da rede de saneamento no Camiño Costa de Fiel en Louredo e no Camiño da Curuxeira na parroquia de Tameiga, dando servizo a un total de 20 casas. Ambos acométeos a administración local mosense con medios propios.

As obras de saneamento no Camiño Costa de Fiel-parroquia de Louredo, completan as redes na zona indicada e permiten dar servizo a 5 novas vivendas. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións….

As obras consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Lévase para elo a cabo a execución de 264,20 m de saneamento no Camiño de Costa de Fiel.

Os traballos inclúen demolicións e actuacións previas co corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de zanxa. Procederase á excavación da zanxa e posterior recheo e compactación da mesma.

No novo tramo da rede de saneamento instalouse un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zona e que actualmente carecen del. A nova pavimentación consistirá na reposición da zanxa con 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente. Ó orzamento total das obras en Costa de Fiel, financiado con fondos popios municipais, ascende a 43.349,39 €.

Por outra banda o Concello de Mos está a acometer con medios propios traballos de instalación de rede de saneamento no Camiño da Curuxeira en Tameiga. Obras valoradas en preto de 60.000 euros e que darán servizo de sameamento a 15 vivendas da zona, con conexións á rede xeral das 15 casas.

Aproveitouse esta obra tamén para que a Comunidade de Augas de Casal-Tameiga cambie a tubería da traída de augas, asumindo o Concello o custe da zanxa e reposición, para que a Comunidade de Propietarios poida repoñer o tubo que corre da súa conta, e quede todo listo para que, por último, o Concello poida asfaltar con todos os servizos necesarios acometidos. A previsión é de que en febreiro poidan estar rematadas as obras.