Salvaterra honra o Día da Galiza Mártir

Acto de memoria histórica ralizado pola Asociación Lazoiro e outras entidades este domingo 16 de agosto

Salvaterra de Miño | A asociación Lazoiro en colaboración con outras entidades realizaron o domingo 16 de agosto ás 12h unha ofrenda floral no espazo para a memoria histórica situado na fonte da rúa Marqués de Viana, fronte á Praza de Abastos de Salvaterra, con motivo do Día da Galiza Mártir.

Esta data, de especial relevancia para a memoria histórica galega, lembra ás persoas represaliadas durante a Guerra Civil e, de maneira especial, a figura de Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936.

Na ofrenda participaron: Grupo Municipal do BNG, Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Concello de Salvaterra e a Comisión Comisión Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña. O acto foi presentado polo presidente da Asociación, Marcos Blanco, onde tamén particiou Antón Lourenzo, que deu conta dos traballos de exhumación que se están levando a cabo nunha fosa común situada no Cemiterio Civil da vila.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.