Salvaterra destaca no certame “Vilas en Flor”

Acadou Tres Flores de galardón

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño acadou Tres Flores no certame “Vilas en Flor” celebrado pasado 2 de decembro en Caldas de Reis.

No certame distinguíronse un total de 14 municipios da provincia de Pontevedra entre os 39 concellos participantes, que foron recoñecidos tamén con distintas cualificacións pola súa posta en valor do medio ambiente a través de accións de conservación, promoción e xestión do patrimonio natural, a ornamentación ou os espazos verdes.

A iniciativa, na súa quinta edición, está organizada pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), co apoio da Consellería de Medio Ambiente e o patrocinio das empresas Rain Bird e Husqvarna.