Salvaterra creceu en 10.300 habitantes este 2023

O Concello lidera o crecemento ininterrompido de poboación na área de Vigo

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra acadou este 2023 preto de 10.300 habitantes e ocupa o posto número 53 dos municipios de máis de 10.000 habitantes.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística, Salvaterra de Miño é o concello da área de Vigo que máis crece e que suma dende xaneiro do ano 2022 a xaneiro do 2023 un total de 180 veciñas e veciños máis. Deste xeito acada neste ano case 10.300 habitantes situandose na cabeza dos municipios que máis crece en termos proporcionais.

En canto ó crecemento demográfico dos concellos da nosa comunidade autónoma que superan os 10.000 habitantes de poboación, Salvaterra de Miño colócase no posto número 53 e confírmase como o municipio que máis postos escala de Galicia respecto ós datos do pasado ano.

213 usuarios pasaron polo Servizo de Orientación Laboral
Dende xaneiro de 2023 atendéronse a un total de 213 usuario/as do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego de Salvaterra, prestando un servizo de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc.

Dende este Servizo de Orientación de Salvaterra de Miño que leva en funcionamento dende outubro do 2020, levaronse a cabo neste último ano 154 IPIs (itinerarios personalizados de inserción) e un total de 749 entrevistas.

A través dos IPIs trabállase individualmente durante 6 meses todos os aspectos da búsqueda para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes na búsqueda e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuario/a.

Por outra banda, a través da bolsa de emprego que conta con máis de 100 persoas empadronadas en Salvaterra de Miño, xestionáronse un total de 38 ofertas de emprego demandadas polas empresas.

Recordamos que dende as redes sociais do Servizo de Orientación Laboral publícanse ofertas de traballo no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e promocionar máis opción aos nosos veciños e veciñas.