Salvaterra comezará obras de alumeado público no rural e centro urbano

Cun importe preto de 40.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra ven de adxudicar por un importe de 39.966,43€  obras de mellora e renovación do alumeado público exterior no Rural,  que comezan esta semana.

Despois de realizar as obras de mellora e renovación do alumeado no Centro Urbano e Recinto Amurallado, o Concello segue traballando e investindo na mellora do seu alumeado público.

Con esta actuación cofinanciada a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais para o ano 2021 buscase mellorar a eficiencia enerxética das instalacións existentes,  co cambio de luminarias e fontes de luz por outras máis eficientes.

Para iso é necesario  adecuar  a infraestrutura eléctrica dos cuadros e facer  unha ordenación das infrestruturas.

Esta actuación realizarase en varios núcleos rurais, levando a cabo a renovación de dous cuadros e a sustitución de 104 brazos de aceiro galvanizado co suministro e instalación de luminarias de diseño TIPO 2 con 23,5W

Este Grupo de Goberno leva traballando na mellora e na eficiencia do alumeado público e ten solicitado e pendente de resolver, a través do Convenio coa Deputación de Pontevedra as axudas IDAE para mellorar a eficiencia enerxética no abastecemento ETAP Casal e bombeo e a renovación das instalacións de alumeado  no Entorno do Polígono Industrial Chan da Ponte, no tramo entre a PO-400 e a PO-402 e na PO-403, plantexando unha substitución de máis de 370 puntos de luz.

Outros artigos