Salceda volve á normalidade coas Festas do Cristo

Cunha ampla programación do 1 ao 18 de xullo

Salceda de Caselas | A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e o concelleiro de Cultura Alejandro Rodríguez, presentaron na Casa da Cultura Castelao a programación correspondente ás Festas do Cristo, que volve neste 2022 á normalidade cunha ampla programación para todos os públicos en distintos lugares desta vila da Louriña.

As festas, que comezarán este 1º de xullo e continuarán ata o día 18, terán como punto forte a actuación da artista galega Sés o 17 de xullo ás 23:00 horas na Praza Maior. Na programación volverán tamén as verbenas e orquestras, o evento “Vaia Cristo” co apoio de asociacións veciñais.

Outros eventos serán o XIX Festiva de Bandas de Música coa participación das de Alcalá de Guadaira (Sevilla), Salvaterra e Salceda, cine de rúa, concertos, desfiles e actividades lúdicas e recreativas para a infancia.

A alcaldesa Verónica Tourón asegurou que estas festas volverán a celebrarse “ao estilo de sempre”, informando igualmente que estes eventos permitirán realizar actividades en beneficio do comercio a tenor da tempada de rebaixas.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.