• Segue conectado
  • |

Salceda solicita os programas da Deputación e Xunta de Galicia para xerar emprego

Salceda de Caselas  |  A concellería de emprego solicita diferentes postos de traballo a través do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación, Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e da orde de contratación de perceptores de RISGA.
En total o concello solicitará 28 persoas a través dos tres plans: 5 postos corresponden a orde de contratación de perceptores de RISGA, 10 persoas a través do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e 13 postos co Plan Provincial da Deputación.
Dende a concellería, Marina Cabaleiro quere lembrar que o pasado ano a Xunta rexeitou a solicitude de 5 traballadores a través da orde de perceptores de RISGA, dándolle ós concellos limítrofes un número moito máis elevado e deixando a concellos como Salceda sen ningún. Por outra banda, do persoal solicitado a través do Plan de Cooperación só se lle concederon o noso concello 3 monitores – socorristas, ós cales tivemos que renunciar porque a resolución chegou no mes de outubro despois do peche das piscinas municipais. A concelleira de emprego tamén quere subliñar que no 2014 tivemos que rexeitar darlle traballo a 12 persoas a través do Plan da Deputación por a lei que o goberno central impuxo ós concellos para manter o límite da masa salarial, xa que os traballadores que veñen polo Plan da Deputación traen subvencionado un salario que non chega o mínimo do convenio polo que o concello ten que pagar a diferenza. Sinalar de que a lei non permite tampouco duplicar os mesmos postos se se trata de un gasto salarial que teña que asumir o concello, xa que a subvención que nos da a Deputación non é suficiente. Polo tanto, a renuncia as prazas foi motivada polos informes desfavorables que o secretario e a interventora fixeron á solicitude en base as leis impostas polo goberno central.
A tenente alcalde socialista Marina Cabaleiro, tamén lle quere recordar ó portavoz do Partido Popular que se tanto lle preocupan os veciños e veciñas de Salceda podería preocuparse de que a Xunta de Galicia se acorde de nos cando se lle solicitan AFD(Accións Formativas para Desempregados), xa que no ano 2014 concellos como O Porriño, Ponteareas ou Mos concedéronlle máis de un, rexeitando todas as solicitudes do Concello de Salceda. Tendo, como todos sabemos unha poboación moi preocupada pola formación, e a cal é asumida integramente con orzamento municipal.
Por suposto, dende o concello o que se pretende e poder darlle emprego ós cidadáns, nunca se rexeitarían prazas dentro da legalidade, pero o portavoz do Partido Popular non pode pretender que no las saltemos, ignorando os informes dos técnicos municipais. Resaltar tamén que os concellos temos totalmente prohibido facer contratacións, pero si a obrigatoriedade de manter os servizos os cidadáns, normativa esta imposta polo goberno central e só se puido crear un posto de traballo para substituír un empregado que se acababa de xubilar, por ser un condutor e non se pode substituír por un peón de obras.

Publicado o 22 Xan 2015 en Salceda de Caselas, Traballo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies