Salceda retoma a normalidade do seu campamento de verán

Con 140 prazas ofertadas

Salceda de Caselas | A concellería de Ensino e Infancia de Salceda de Caselas xunto coa ANPA do colexio Altamira volven a organizar con plena normalidade o campamento de verán durate os meses de xuño a setembro de 2022.

As inscricións, para as 140 prazas ofertadas, poderán realizarse en liña a través da páxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou presencialmente na Casa da Cultura ata o 15 de xuño.

Os obxectivos fundamentais deste campamento de verán serán facilitar as relacións interpersoais, crear espazos de convivencia, fomentar hábitos saudables e o traballo en equipo entre a cativada participante.

A temática relacionada coa mayoría das actividades a realizar polos nenos e nenas será o arte a través da pintura, escultura, collage e futurismo co desenvolvemento de obradoiros de experimentos, teatro, danza ou cocina.

Igualmente se realizarán actividades deportivas como xincanas, piscina e saídas a diferentes lugares do concello para prácticar o senderismo. Ángela Ledo Souto concelleira de Ensino e Infancia: “Comprácenos moito dende o concello realizar de novo actividades non lectivas para os nenos e nenas co obxectivo de que desfruten ao máximo do seu tempo de lecer en vacacións.”

Proxecto europeo MeetYourForest
Os días 27 e 28 de maio de 2022 ten lugar en Salceda de Caselas, Pontevedra, o primeiro encontro internacional das entidades socias do proxecto europeo “MeetYourForest: Novos usos e xestión innovadora do monte”.

Trátase dun proxecto aprobado dentro do marco do Programa Europeo Erasmus+ para a posta en marcha de Proxectos de Cooperación no Ámbito da Educación de Adultos, contando cun financiamento da Unión Europea de 294.548,00€ e que se desenvolverá durante 24 meses.

Este primeiro encontro de traballo contou coa presenza de Alex Rodríguez, Concelleiro de Mocidade e promotor do proxecto, e Lucía Pereira, Concelleira de Turismo, ademáis da Alcaldesa Verónica Tourón, que deu a benvida ao Concello de Salceda de Caselas e ás entidades participantes.

O proxecto MeetYourForest nace como unha iniciativa que trata de dar resposta e concienciar á mocidade na necesidade de actuacións para a preservación e xestión innovadora e sostible do monte e o seu contorno. As actividades deste proxecto xiran arredor do monte e os recursos que proporciona, non unicamente de tipo material senón tamén en forma de servicios.

Trátase dun proxecto que pretende ir máis aló dos usos tradicionais do monte, basicamente como fonte de ingresos a través da venda da madeira, para incorporar unha perspectiva centrada no monte como potencial subministrador de diferente recursos materiais e ao mesmo tempo como recurso turístico, de ocio e tempo libre, perspectiva que o converte tamén nun potencial creador de novos empregos.

A presentación deste proxecto europeo parte da iniciativa da Concellería de Mocidade do Concello de Salceda de Caselas, que considera de vital importancia a contribución do Concello asociacións forestais unha perspectiva mais sostible, para o que se conta coa contribución de entidades asociadas de paises máis avanzados neste sentido, como poden ser Noruega e Finlandia.

O proxecto ten como eixo fundamental o fomento da cultura forestal e o respecto pola natureza, ao tempo que promove un estilo de vida máis sostible, que teña en conta o medio ambiente como parte fundamental da vida diaria. Para iso, Salceda de Caselas, promotora do proxecto, asociouse con diferentes institucións internacionais coa intención de crear un tándem perfecto entre o monte e a cidadanía.

Participan no proxecto institucións tan influentes e notorias como ASPEA- Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (Portugal), a Facultade de Ciencias Forestais da Universidade de Vigo, Escola Superior para a Agricultura e o Desenvolvemento Rural (Noruega) e a Universidade de Ciencias Aplicadas Hamk Häme  (Finlandia) como socios expertos en medio ambiente, xestión forestal e protección ambiental.

Participa como socio técnico, que se encargará do desenvolvemento dos produtos multimedia do proxecto, AtinServices, empresa española con unha ampla experiencia en proxectos europeos.

Durante esta primeira reunión de todas as entidades participantes no proxecto que se vai celebrar en Salceda de Caselas, trataranse temas fundamentais como a distribución das tarefas e o calendario para a súa realización, así como establecer as liñas de actuación para a máxima implicación das persoas e institucións participantes no proxecto.

No proxecto están previstas outras tres reunións transnacionais a levarse a cabo nos demais países participantes, así como varios actos de difusión e unha actividade formativa na que participarán membros das institucións participantes e persoas e colectivos interesadas nos temas a tratar.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos