
Salceda de Caselas | Salceda recibirá 226.749,98 € para ampliar a cobertura de saneamento de 612 vivendas, que precisarán dun investimento total de 7.468.211 € para construír os 33.798 metros de colector pendentes e acadar a eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga.
O Concello presentou os proxectos de saneamento no marco do PERTE e fondos europeos Next Generation coa asistencia do subdelegado do goberno, Abel Losada; o presidente do Consorcio do Louro, Alejandro Lorenzo, entidade encargada da redacción dos proxectos; o xerente do Consorcio, Rufino Rodríguez; as representantes de Ingenia, empresa redactora, e o equipo de goberno coa Alcaldesa, Loli Castiñeira.




