Salceda habilitará espazos públicos controlados para graffitis

Desta maneira se pode controlar o uso de determinadas zonas que quedarían embelecidas

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda quere controlar as áreas destinadas para a realización de graffitis, para o que vai a habilitar determinadas zonas que se atopan nun elevado grado de deterioro.
A fin é regular estos espazos, dentro do programa Salceda Urbán, para que as persoas profesionais no mundo do graffite poidan representar o seu arte nos espazos habilitados para o mesmo.
Entre as zonas permitidas, se dará cabida a dúas temáticas diferenciadas, unhas zonas para temáticas condicionadas polo entorno e outras zonas de libre expresión, sempre condicionadas baixo o cumprimento do regulamento.
Con esta inciciativa se pretende atender á chamada de antención que fai este colectivo ante a falta de cesión de espazos, por parte das administracións públicas. Só así se poderán controlar o número de pintadas ilegais que ocupan parte das fachadas das cidades e que coas que moitos grafiteros demostran a súa disconformidade.
Os graffites poderán realizarse, unha vez tramitado o permiso correspondente na OMIX de Salceda, mediante o modelo de solicitude correspondente e a presentación dun voceto do deseño que se quere realizar na área permitida.
A Concelleira de Mocedade, Loli Castiñeira, asegura que “é moi imporante traballar en conxunto cos diferentes colectivos, e dada a gran calidade artística de graffiteros que temos no noso entorno, queremos proporcionarlle un espazo onde se poidan desenvolver. Desta maneira se pode controlar o uso de determinadas zonas que quedarían embelecidas, e se evitaría os malos usos dos espazos para as chamadas “firmas vandálicas” que deterioran os espazos e imaxe dos grafiteros”.