Salceda de Caselas celebra o día da muller traballadora

Salceda de Caselas | Dende o Concello de Salceda queremos salientar a importancia do día da muller traballadora a  través do seu papel importante dentro da sociedade, mediante a loita para poder adquirir os dereitos que os homes tiñan recoñecidos polo sistema. A conmemoración deste día baséase principalmente en reinvindicar a igualdade laboral tanto na ubicación das mulleres nos postos directivos como na percepción asalarial, así como as políticas de apoio as iniciativas empresariais e a conciliación da vida laboral e familiar.

"Sorpresa del trigo", 1936 Maruxa Mallo
Grazas ás políticas de Igualdade que os gobernos progresistas viñeron facendo nestes úlimos anos, as mulleres contan cun maior servizo para loitar contra a violencia de xénero, o dereito a decidir sobre a saúde sexual e reprodutiva, a percibir axudas para o coidado de persoas dependentes sendo unha tarefa que durante séculos veñen facendo as mulleres voluntariamente e sin ningún tipo de remuneración.
O acto terá lugar o xoves con motivo do día Internacional da Muller e terá lugar no C.S. de A Devesa ás 18:00 e no que entre outas persoas intervirán as directoras das Escolas Infantís de Salceda, Galiña Azul e Xoaniña como empresas favorecedoras da conciliación familiar e laboral, e tamén contarase coa presencia de Dna. Margarita Rosa Pino Juste como Emprendedora e profesora da Universidade de Vigo.
O acto será presentado pola Concelleira e Tenente de Alcalde Marina Cabaleiro e polo propio Alcalde Marcos Besada Pérez.
“As mulleres gañan posicións á hora de acceder ás ofertas de emprego en Salceda de Caselas, xa que as mulleres contan cunha mellor situación laboral dende o ano 2004 era que dun 78% e en xaneiro de 2012 este e de un 58%. Se facemos un calculo xeral supón que en xaneiro de 2012 o paro femenino supón un 57% e no ano 2004 era dun 78%. Isto supón aire fresco para seguir loitando polas políticas favorables e integradoras”. Asegura Marina Cabaleiro Concelleira de Benestar Social.
“Este tipo de actos son necesarios para seguir incidindo na problemática de diferencias sociais, coa expectativa de que algún día non sexa necesario conmemorar este día porque estas diferencias se erradiquen definitivamente”. Asegura Marcos Besada Alcalde de Salceda