• Segue conectado
  • |

Salceda coa formación. Curso de redes sociais na empresa

Salceda de Caselas | A Concellería de Emprego e Formación aposta pola formación e dentro do Plan de Formación do 2012 o próximo día 5 de marzo comenza no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, o curso “Redes Sociais na Empresa”.
Este curso vai dirixido a autónomos, e no caso de non cubrirse as 15 prazas poderán acceder ó mesmo desempregados.
A inscrición debe realizarse no Rexistro do Concello ata o próximo sábado 25 de febreiro. No caso dos autónomos ademáis da solicitude de participación que lle entregarán no rexistro deberán aportar fotocopia do DNI e último recibo de autónomo; para os desempregados a documentación a aportar será o DNI, tarxeta de desemprego actualizada e tarxeta da Seguridade Social.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área añadiu que toda a información relativa a ofertas de traballo e formación dáselle publicidade periodicamente nos taboleiros e na páxina web do Concello, pretendendo ser ésta última unha ferramenta básica para a consulta de todas estas ofertas.

Publicado o 22 Feb 2012 en Louriña, Política, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies