Salceda clausurou con éxito o seu Programa Integrado de Emprego

Impartiu un total de 1.025 horas de formación

Salceda de Caselas | O CDL de O Torrón foi o escenario onde realizouse o Programa Integrado de Emprego de Salceda de Caselas, nun acto que contou coa presenza da alcaldesa e concelleira de emprego Verónica Tourón e a directora do PIE Olga Carril Rial.

O Programa Integrado de Emprego de Salceda impartiu un total de 1.025 horas de formación ás persoas que participaron nos diferentes itinerarios e acción formativas postos á súa disposición, Formación en diferentes eidos como o sociosanitario, o alimentario, ou relacionada co sector da automoción e coa xestión de almacén e stocks. Igualmente todas as persoas recibiron unha formación de tipo transversal dirixida a mellorar as súas habilidades sociolaborais.

As persoas participantes realizaron prácticas profesionais non laborais en empresas de sectores como o Loxístico, Metalúrxico, Alimentario, e de Servizos(atención sociosanitaria, atención ao público, informático, textil, ferreterías e gasolineiras).

No tocante ao ámbito de actuación territorial relacionado coa prospección laboral realizada polo equipo técnico do Programa, se desenvolveron actividades de intermediación laboral na contorna das áreas industriais do concello de Salceda de Caselas como os polígonos da Granxa, As Gándaras, A Veigadaña, o polígono de Tui ou a área industrial local do Cerquido, así como no concello de Salvaterra de Miño e os concellos portugueses próximos de Monçao, Vilanova de Cerveira e Valença.

O datos destas accións de intermediación se traducen no contacto co 162 empresas e a tramitación de 47 ofertas de emprego as que se enviaron as persoas candidatas para que puideran optar a diferentes postos de traballo. Dende a Concellería de Emprego quixose agradecer de forma especial á constante colaboración e implicación das empresas do tecido empresarial local e comarcal en relación co desenvolvemento do Programa integrado do concello.

Oficina Acelera Pyme Rural
A alcaldesa de Salceda Verónica Tourón, xunto con Francisco Domínguez xerente da Asociación de Empresarios de Mos presentaron no CDL O Torrón a Oficina Acelera Pyme. Unha iniciativa posta en marcha pola Asociación, en colaboración coa entidade pública Red.es e financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Na presentación tamén participou David Sobral, Secretario Xeral da Federación Galega de Parques Empresariais, entidade colaboradora do proxecto. Á xornada asistiron empresas e persoas autónomas de Salceda e arredores e amosáronse as utilidades e ferramentas , que a Oficina Acelera Pyme pon a disposición das pemes que queiran utilizar os seus servizos, como os test de autodiagnose, os informes personalizados de solucións dixitais ou a formación específica relacionada coa transformación dixital no eido empresarial.

O concello de Salceda, entidade colaboradora desta oficina, celebrará diferentes eventos como charlas, seminarios e xornadas relacionadas coa difusión da mesma para prestar asesoramento á pemes e emprendedores locais e comarcais.

O xerente de AEMOS salientou a vocación da oficina de crear un ecosistema que axude as pemes no seu proceso de transformación dixital e que se estenda dende o ámbito local da asociación ata o comarcal e provincial.

O Secretario Xeral de FEGAPE incidiu na importancia deste tipo de iniciativas de apoio para o desenvolvemento do tecido empresarial local e comarcal e na capacidade de AEMOS pola súa ampla experiencia de levalas a cabo con éxito. A alcaldesa Verónica Tourón salientou que a transformación dixital viu para quedarse e que é necesario apoiar as nosas empresas, con este tipo de oficinas, para que poidan superar o reto do desafío tecnolóxico con éxito e dun xeito innovador.