Rogelio Groba Otero, novo vicepresidente do Consello Municipal da Cultura

Órgano de participación impulsado polo Concello da Coruña

A Coruña | O Consello Municipal da Cultura da Coruña celebrou no Centro Sociocultural Ágora unha nova sesión ordinaria do Pleno para a elección da vicepresidencia e a Comisión Permanente do órgano.

O Consello Municipal da Cultura é un organismo de participación posto en marcha polo Goberno de Inés Rey para darlle voz ao sector cultural da Coruña, pasando a formar parte da acción municipal coas súas achegas directas.

O pleno está conformado por representantes das diferentes entidades do sector e tecido asociativo da cidade, así como de institucións implicadas no organismo como a Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Na sesión constitutiva celebrada o pasado mes de novembro, deuse conta da designación da persoa que ocupa a Secretaría do CMC, de acordo co regulamento aprobado no Pleno ordinario do mes de marzo de 2023 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), e da apertura do procedemento para a elección da vicepresidencia e vogais da Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura.

Para a vicepresidencia presentáronse un total de seis propostas dende diferentes entidades sociais ou artistas individuais. Rogelio Celso Groba Otero, proposto pola Filarmónica da Coruña, a Orquestra Cámara Galega e a Fundación Rogelio Groba foi a máis votada, ficando escollido como vicepresidente do Consello Municipal da Cultura.

En canto á Comisión Permanente, presentáronse un total nove propostas das que ficaron elexidas sete, pasando a ser vogais da Comisión Fernanda Flores, a proposta da Filarmónica da Coruña, a Orquestra Cámara Galega e a Fundación Rogelio Groba; Francisco López, pola Casa de Castilla-La Mancha da Coruña; Clara Porta, a proposta da Asociación Cultural AÏS; Pedro Vasco, Nota de Prensa a proposta da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña; Álvaro Benedicto Pérez, pola asociación veciñal Os Noso Lares de Palavea; Martina Souto, pola Asociación Cultural Noite Bohemia; e o artista Héctor Francesh.

Tamén se tomou coñecemento das persoas vogais da comisión en representación dos partidos políticos con representación na corporación, sendo Roberto Coira (PP), Manuel Vázquez (PSOE) e Mercedes Queixas (BNG).

Ademais, a presidencia dou conta da designación de cinco persoas que pasarán a integrar o Pleno do Consello Municipal da Cultura como persoas de recoñecido presticio no eido da cultura e en representación de todos os ámbitos culturais. Jano Muñoz, Olga Kirk, Xurxo Souto, Yolanda Castaño e Gustavo del Río pasan a formar parte do Pleno do CMC como integrantes do mesmo.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.