Ribadumia súmase á campaña “Recicla vidro por elas”

Por oitavo ano consecutivo para sensibilizar a través da reciclaxe de vidro

Ribadumia | O Concello de Ribadumia pon en marcha a colaboración coa campaña ‘Recicla vidro con elas’, que Ecovidrio pon en marcha por oitavo ano consecutivo, instalando un contedor de vidro de cor rosa nunha das rúas do municipio, concretamente, na Avenida Bouza Martín, na parroquia de Barrantes.

Esta campaña ten o obxectivo de mobilizar á cidadanía para reciclar envases de vidro, e así coidar o medioambiente e contribuír cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama.

O Concello decidiu colaborar neste proxecto para fomentar a solidariedade entre a veciñanza do municipio, coincidindo en outubro o Día Mundial do Cancro de Mama e, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o mes da prevención e a sensibilización desta enfermidade. Faino así, sumándose a outros concellos da comarca que decidiron tamén participar nesta campaña.

Desta forma, ademais de colaborar nunha campaña de investigación e sensibilización dunha enfermidade tan importante como é o cancro, o Concello tamén aposta por fomentar o coidado do medioambiente a través da reciclaxe de vidro. Durante o ano 2021, e segundo os datos proporcionados por Ecovidro, os veciños e veciñas de Ribadumia depositaron 130,86 toneladas nos contedores específicos, o que supón unha media de 25 quilos de vidro por habitante, acadando no municipio cifras superiores á media nacional e autonómica.