Reunión do alcalde de tudense coa conselleira de Medio Ambiente

Tui | O rexedor tudense tratou coa conselleira as reclamacións dos veciños afectados polas obras do tramo I da VAC Tui- A Guarda. A Conselleira comunicoulle o alcalde que as obras de acondicionamento comezan de xeito inmediato
Tui.-O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez reuniuse na tarde de onte martes coa conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez, na sede da consellería en Santiago de Compostela, para tratar sobre as reclamacións dos veciños polo estado no que se atopan distintos lugares da parroquia de Areas por mor das obras da VAC Tui-A Guarda no seu tramo I.
O alcalde trasladoulle a preocupación dos veciños polos distintos perigos que supoñen as obras desa vía en construcción, e tamén pola falla de sinalización e seguridade en moitos puntos da mesma. O mesmo tempo nesta reunión falaron de distintas solicitudes realizados polos veciños e que polo momento estaban sen resolver, como o proxecto do acceso directo o Parque Empresarial entre outros asuntos
A conselleira, coñecedora destas reclamacións, a través do alcalde de Tui , anuncioulle o rexedor tudense o inicio inmediato das obras de reforzo da seguridade e sinalización en todos os puntos que se considere necesario e a canalización das augas pluviais para evitar asulagamentos, tal como solicitaban os veciños da Plataforma de Afectados Polo Vial Tui-A Guarda
Do mesmo xeito mostroulle ao alcalde o proxecto xa rematado do acceso directo o parque empresarial, unha das actuacións máis demandadas polos veciños de Areas
O alcalde mostrou a súa satisfación polo anuncio realizado pola conselleira tanto pola realización das obras en cuestión coma pola inmediatez do comezo das mesmas e polo remate do proxecto do acceso directo o Parque Empresarial

Outros artigos