Ponteareas retoma as obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque

Ponteareas | O goberno de Ponteareas do BNG-PSOE informa que se retoman as obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque despois da paralización provocada polo abandono inxustificado da empresa adxudicataria que deixou sen rematar obras en múltiples concellos de Galicia.

O Concello procedeu a licitar a continuación das obras despois de resolver todos os trámites legais precisos e esixir as responsabilidades, sancións e garantías á empresa adxudicataria, adxudicando en 91.480,83€ a continuación das obras de reurbanización deste primeiro tramo da rúa San Roque. Unha operación que conta co apoio dos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” .

O goberno local realizará un exhaustivo seguemento da obra e nestes primeiros días os técnicos revisan as canalizacións soterradas para garantir o seu bo funcionamento, “agradecemos a comprensión e a paciencia da veciñanza que tivo que convivir coas obras e cos prazos e trámites complexos pero imprescindibles para garantir a legalidade e esixir todas as responsabilidades. Prazos que se prolongaron coa parálise do estado de alarma”.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!