PSOE Ponteareas: “o goberno de Sánchez mellorará a seguridade vial na N-120”

Ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso

Ponteareas/PSdeG-PSOE | O Ministerio de Transporte somete á exposición ao público, durante 30 días hábiles, a modificación do proxecto de mellora da seguridade vial na Nacional 120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso.

O PSOE de Ponteareas, a través do seu Secretario Xeral Delfín Domínguez, felicita “ao goberno de Pedro Sánchez polo traballo realizado durante todos estes meses nos que os procesos electorais sucedéronse pero o goberno seguiu adiante cos compromisos adquiridos”.

Tamén quiso resaltar especialmente o seu agradecemento “ao reciente nomeado Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen se interesou dende o primeiro momento polo proxecto da Nacional 120”.

Con esta publicación péchase o proxecto que durante tanto tempo veñen reclamando os veciños e veciñas de Ponteareas e que pretende acabar coas mortes deste tramo de nacional tan importante, non só para Ponteareas, senón tamén para a Comarca. O MITMA continúa desenrrolando actuacións proactivas para evitar e atenuar a siniestralidade tal e como se reflexa no BOE. Dende a Agrupación Socialista de Ponteareas destacan tamén o traballo levado a cabo pola Plataforma e o conxunto de veciños e veciñas.