PSdeG Ponteareas aposta polo Plan ÁGORA da Deputación de Pontevedra

Un plan de 2,4 Millóns € para proxectos e execución de obras

Ponteareas | A xunta de goberno da deputación de Pontevedra celebrada esta semana aprobou un paquete de axudas para mellorar a mobilidade, así como aumentar o espazo adicado os peóns, este plan conta con unha dotación de máis de 2,4 Millóns de Euros para a redacción de proxectos e execución de obras.

Dende o PSdeG-PSOE de Ponteareas consideramos necesario ampliar as zonas que xa se empezaron a humanizar e tamén as que están previstos a través de novos proxectos que se encargaron ultimamente, para elo trasladámoslle o noso socio de goberno o BNG a necesidade de presentar candidatura o Plan ÁGORA para a redacción de proxectos das rúas Senén Canido, Morales Hidalgo, Constitución e Vidales Tomé, rúas que están no entorno da humanización da Praza de Bugallal, así como a rúa do Magnolio o carón de rúa Braña que foi o último proxecto encargado.

Tamén plantexaremos os socialistas optar os fondos de construción para executar os proxectos da Praza da Igrexa en Moreira e da Costa de San Gregorio.
Dende o Grupo Municipal Socialista apostamos por seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e debemos para elo aproveitar a oportunidade que nos da este novo plan impulsado pola deputación de Pontevedra presidida pola socialista Carmela Silva