Programa Kit Dixital para as empresas en Redondela

Impulsado pola Asociación de Empresarios de Redondela

Redondela | A sinatura de convenios de colaboración con axentes dixitalizadores será un dos eixos deste programa. SOYCOM, empresa con orixe en Chapela, ven de asinar o primerio destes convenios e lanzar a súa proposta de dixitalización ás empresas asociadas.

Este novo convenio coa empresa SOFYCOM achega ademais solucións e paquetes de hardware que dan a posibilidade de adquirir en condicións vantaxosas este equipamento non incluído no programa Kit Dixital pero que resultan imprescindibles para optimizar o prodeceso de “redixitalización” dos negocios con equipos de úlltima xeración.

O programa prevé a sinatura de convenios con empresas adheridas como axente dixitalizador do programa Kit Dixital, a realización de webinars para informar ás empresas e a publicación dun boletín con información dos eventos de difusión que teñan lugar no entorno ou de forma dixital.

Os axentes dixitalizadores son actualmente os únicos habilitados para subscribir acordos de presentación de solucións de dixitalización coas empresas beneficiarias das axudas do programa Kit Dixital. As empresas que cumplan as condicións establecidas nas bases da convocatoria de axuda do Kit Dixital, poderán dispoñer dun BONO DIXITAL que lle permitirá acceder as solucións de dixitalización previstas no programa.

Outros artigos