Presentado Programa de Conciliación Familiar en Salvaterra

Salvaterra de Miño | Presentouse no Concello o Programa de Conciliación Familiar para as vacacións de Semana Santa. Un programa que se enmarca dentro das liñas a desenvolver dentro do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2022, e que foi presentado pola 1ª Tte de Alcalde Marta Valcárcel Gómez o Día Internacional da Muller Traballadora.

Como ven explicou a Tte de Alcalde este Plan marcará as liñas de traballo a seguir por parte do Concello. Un Plan que busca favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, con diferentes actuacións, neste caso no eido da conciliación. Así nesta Semana Santa o Concello de Salvaterra de Miño ofrece un Campamento Infantil os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril para nenos e nenas a partires de 4 anos, cun horario de 9.00 a 14.00h, totalmente gratuíto e con prazas limitadas, para empadroados, que se impartirá na Casa de Cultura e cuxo prazo de inscrición ábrese o 15 de marzo. Apúntaste???

Outros artigos