Presentación en Ourense do libro de Xoán Antón Pérez-Lema

"Quando Grupos Vulneráveis são Feridos. A Figura Jurídica dos Crimes de Ódio"
O avogado Xoán Antón Pérez-Lema.

Ourense | O pasado 14 de decembro levouse a cabo no Liceo de Ourense a presentación do último libro do avogado e colaborador do noso xornal Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico, Xoán Antón Pérez-Lema, intitulado “Quando Grupos Vulneráveis são Feridos. A Figura Jurídica dos Crimes de Ódio”, da editorial ATraVés.

O libro realiza unha investigación sobre a tipoloxía dos crimes de odio en distintos sistemas penais como o portugués e o español, para ofrecer un punto de vista sobre un debate de actualidade.

Cartaz da presentación do libro.