Presentación do XIX Festival de Cans

Este martes 3 de maio no Torreiro das Estrelas

O Porriño | A XIX edición do Festival de Cans será oficialmente presentada este martes 3 de maio, a partir das 12 horas, no Torreiro das Estrelas da popular parroquia porriñesa. Este tradicional festival de curtametraxes, que volve á normalidade post-pandemia neste 2022, realizarase do 18 ao 21 de maio en medio dunha gran expectación.

Ao acto de presentación asistirán Román Rodríguez, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Manuel Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; Goretti Castro, responsable de Cultura, Orixe e Gastronomía de Estrella Galicia; Isabel Blanco, delegada da Fundación AISGE en Galicia; Lucía Santos, coordinadora de Reponsabilidade Social e RRPP de Gadis; Keka Losada, presidenta da asociación cultural Arela; Alfonso Pato, director do Festival de Cans