Presentación do libro “KALLAIKOS” de Paco Boluda

Será no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ribadavia |Este venres, 27 de decembro, ás 20:00h, presentación do libro “KALLAIKOS” escrito e ilustrado por Paco Boluda. Será no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Acompáñanos nesta viaxe no tempo para coñecer Kaitóbriga e o clan dos Meriadoi, a súa estrutura social, a súa arte, ritos e costumes, así como as intrigas e traizóns dun tempo revolto, nunha terra onde os valerosos guerreiros afrontan o seu destino e os seus vellos deuses conviven con nós.