Premio Risco de Ciencias Sociais para Carlos Quiroga

Presentouse o libro premiado "A costela galega de Eça de Queirós"
O profesor universitario Carlos Quiroga (centro), gañador da XXV edición do Premio Vicente Risco das ciencias sociais.

Castro Caldelas | Carlos Quiroga, profesor da Universidade de Santiago de Compostela recolleu en Castro Caldelas o Premio Vicente Risco das ciencias sociais na súa XXV edición. No acto presentouse o libro premiado “A costela galega de Eça de Queirós”.

O acto contou coa presenza da alcaldesa da localidade, Sara Inés Vega, e da rexidora de Allariz, Cristina Cid. Tamén participaron o vicepresidente da Deputacion, César Fernández e a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pérez.

Isabel Mociño como membro do xurado leu a acta, na que o xurado destacou a calidade da obra e a descrición social que se fai nela da raia galego portuguesa.

O acto celebrouse no salón noble do Castelo Caldelao.

Carlos Quiroga pechou o acto agradecendo o galardón nun país no que “é difícil gañar premios en galego portugues” nunha sesión con presenza política moi variada de PSOE, PP e BNG.