Prazo extraordinario para solicitude de licenzas de terrazas na Guarda

Do 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023

A Guarda | O pasado 2 de novembro realizouse a aprobación definitiva da Ordenanza Reguladora da instalación de terrazas en espazos públicos no Concello da Guarda e que xa está en vigor.

Tendo en conta que a entrada en vigor da Ordenanza tivo lugar cando xa transcorrera unha boa parte do prazo que a mesma outorga para a presentación de solicitudes, e considerando axeitado o establecemento dun novo prazo con carácter extraordinario, aos efectos de permitir a presentación de solicitudes para o ano en curso, prazo que terá carácter excepcional.

Deste xeito acordouse a apertura dun prazo extraordinario para a presentación de solicitudes de licencia de instalación de terrazas no Concello da Guarda que abarca dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023. Para facilitar o coñecemento desta nova ordenanza municipal e a súa tramitación achéganse os documentos de referencia:

Concello A Guarda_Ordenanza reguladora terrazas.
Anexo I_Concello A Guarda_Ordenanza reguladora terrazas
Anexo II_Concello A Guarda_Ordenanza reguladora terrazas.
Anexo III_Concello A Guarda_Ordenanza reguladora terrazas.
Anexo IV_Concello A Guarda_Ordenanza reguladora terrazas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.