PPdeG ‘quenta motores’ na Louriña e no Condado Paradanta

Con mitines electorais de Feijóo en Mos e Ponteareas

Ponteareas | Tras encher a Praza de Touros de Pontevedra este sábado 3 no acto de inicio de campaña do presidente Alfonso Rueda, o PPdeG continuou este domingo 4 coa súa campaña electoral na Louriña e no Condado Paradanta coa presenza do pesidente do Partido Popular Español e ex presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Mos foi a primeira parada electoral cunha comida-mitin na que estiveron presentes a Alcaldesa Nidia Arévalo e o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. A secretaria do PPdeG, Paula Prado subliñou que van facer “unha campaña electoral en positivo, poñendo enriba da mesa as nosas propostas para que Galicia siga funcionando con Alfonso Rueda á fronte”.

Acto seguido, Feijóo trasladouse ao Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas para continuar cun mitin electoral acompañado da Alcaldesa Nava Castro, o presidente da Deputación de Pontevedra Luís López e os Alcaldes e representantes do PPdeG no Condado Paradanta.

O acto serviu para arropar á concelleira local Raquel Plana, número 13 da lista dos ‘populares’ pola provincia de Pontevedra.