PP Ponteareas: “O Concello gasta máis do que ingresa e non paga as súas facturas”

Reaccións tralas advertencias do Ministerio de Facenda

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP considera que o malgasto do Bipartito ocasionou que agora mesmo atópese en números vermellos e teñan que recorrer a un novo Plan de Axuste para poder pagar todas as facturas que teñen no caixón, e o Ministerio de Facenda advírtelles que se non o fan, reteranlles os fondos.

“Isto vai supoñer novos préstamos, novos intereses a pagar ao Ministerio de Facenda que, debido ao deixamento deste bipartito, vai adiantar o diñeiro para poder pagar a provedores. Vergoña tiña que darlles subirse o salario en 2021 e ter ás empresas e autónomos sen cobrar”, consideraron os populares.

“Esiximos a comparecencia urxente do responsable de Facenda para que nos explique a canto ascende a débeda e cal é o comunicado recibido de Facenda. Isto non nos colle por sorpresa, levamos meses denunciado que o bipartito terminou coa liquidez existente. Foi todo un espellismo. Colleron un Concello saneado e volvérono a arruinar. O gasto por encima das posibilidades, A morosidade e o non cumprir cos pagos é algo que veñen practicando nos dous últimos exercicios”.

O PP considera que o Bipartito estivo a vivir de rendas os primeiros anos de Goberno e que desde 2017 encargouse de dilapidar todo o traballo de austeridade levado acabo polos populares ata 2015. “É unha pena que o Concello volva estar nesas listas de problemas financeiros con todo o esforzo que pasamos, que os propios funcionarios tiveron que arrimar o ombreiro, que os veciños tamén foron partícipes desta recuperación coa aplicación da subida do IPC. Ponteareas non se merece gobernantes tan irresponsables”.