PP Ponteareas: “O bipartito perde 200.000 € en axudas por non mellorar as escolas unitarias”

Criticou que o goberno municipal no achege o 25% do investimento comprometido

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP lamenta a falta de palabra e traballo deste bipartito que unha vez máis terán que sufrir os veciños de Ponteareas, neste caso as familias que teñen aos seus fillos nos Colexios Rurais (CRA) da Vila do Tea, concretamente nas parroquias de Pias, Areas, Ribadetea, Xinzo e Moreira.

Estas escolas unitarias que estan no rural son instalacións de titularidade municipal e como tal o goberno local encargou o proxecto e despois solicitou a subvención.  A Conselleria de Educación, á que informaron da obra, autorizoulles a realizar a actuación sempre garantindo as condicións de seguridade da actividade educativa.

O PP denuncia que o bipartito, que optou a esta liña de axudas para melloras enerxéticas, acaba de perder a devandita subvención por non cumprir os requisitos da mesma. “Eran 269.000 euros para melloras enerxéticas en todos os colexios do rural.

Un proxecto co que se comprometeron e para o cal foi aprobada dita axuda. Europa achegaba o 75% e o Concello debía pagar o 25% restante, como requisito indispensable para optar a esta subvención.

“É unha vergoña que non fosen capaces de sacar este proxecto adiante. Non reservaron nin un só euro en orzamentos para isto. Agora perderon a axuda e os colexios quedarán, polo momento, sen melloras”.

Os populares, que teñen pendente unha reunión co Secretario Xeral de Educación trasladaranlle este e outros temas para que sexan conscientes do deixamento de funcións que fai o Goberno local no ámbito educativo.