PP Ponteareas critica a ‘paralización’ da reforma da Estación de Autobuses

Denuncia que o goberno bipartito segue sen asinar o convenio

Ponteareas | Despois de intensa negociación e dun intento errado, a Xunta de Galicia e o goberno local de Pontereas achegaron posturas e chegaron a un acordo para a reforma e explotación da Estación de Autobuses do municipio, a día de hoxe totalmente abandonada e en plena deterioración.

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad, a través da Dirección Xeral de Movilidad, e o Concello, en setembro de 2021 achegaron posturas e ultimaban a firma dun convenio para cofinanciar -a partes iguais-,  as obras de reforma da Estación de autobuses cun  investimento de case medio  millón de euros (500.000), para modernizar o edificio optimizando a planta baixa para o seu uso como terminal de autobuses, e a planta superior para dependencias de uso municipal.

O acordo bilateral contempla que, as obras de remodelación, serían licitadas unha vez asinado o convenio “antes de finalizar o ano 2021.

O ano terminou, pero o bipartito BNG-PSOE, segue sen asinar o convenio, e segundo fontes informativas non habería intención de facelo porque non poden afrontar a parte económica que lle corresponde.

Así as cousas, é o grupo Municipal do PP local o que “esixe coñecer a data para a firma dese convenio que a Xunta de Galicia e o Concello manifestaron pactar para poñer en marcha a reforma da Estación de Autobuses de Ponteareas”.

Os populares consideran que, despois dun ano de negociacións e tras pasar seis meses desde que ambas as partes, Concello e Xunta chegaron ao acordo de financiar a medias a reforma “é hora de pasar das palabras aos  feitos” mediante a firma do convenio, que deberá establecer as obrigacións e dereitos de cada administración.

“Falouse de que a Xunta poñería o 50% do investimento e o Concello o outro 50%, e que a xestión e explotación quedarían en mans do Concello durante 20 anos”.

Ante tanta demora e silencio, os populares levarán a pleno esta cuestión para axilizar a firma do convenio e que se empecen a fixar prazos reais, xa que a Estación de Autobuses presenta un estado de abandono lamentable, denunciado reiteradamente polos usuarios.

Tomado de Atlántico Diario.  Foto propiedade de: Estación Autobuses de Ponteareas