PP Ponteareas agradeceu á Xunta as axudas aos clubes deportivos locais

Por valor de 33.000€

Ponteareas/PPdeG |  O Grupo Municipal do PP agradece as axudas que acaban de facerse públicas no DOG, referentes ás subvencións para entidades deportivas de Ponteareas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

“Máis de 33.000 euros que en plena pandemia, coa limitación de aforos e o gasto que sufriron os clubs para material e epis debido á COVID-19, son máis necesarios que nunca”.

Por outra banda a portavoz local, Belén Villar, lamenta a desidia do Goberno local, que aínda non puxo en marcha as axudas a nivel municipal. “Un ano máis temos que estar a rogar ao bipartito e lembrando que fagan os seus deberes”.

“Que por favor poñan estas axudas en marcha e así os clubs poidan continuar coa súa actividade tan prexudicada por todas as restricións e situacións que provocou a pandemia na que nos atopamos”, indicou a portavoz do PP Ponteareas.