Posta en marcha da piscina municipal de Salceda

A alcaldesa Loli Castiñeira visitou as instalacións

Salceda de Caselas | A alcaldesa Loli Castiñeira e o persoal técnico encargado visitaron as instalacións da piscina municipal de Salceda para verificar a súa posta en marcha e a detección dalgunhas deficiencias próximas a solucionar. O persoal técnico encargado da redacción dos proxectos explicou da necesidade de reformulación do mesmo.

Por outra banda, a Alcaldesa e a Concelleira de Ensino Selene González visitaron o CEP Altamira xunto co seu novo director para coñecer de primeira man as necesidades das instalacións e establecer as prioridades de cara ao inicio de curso.

Igualmente, a concelleira de Ensino visitou o IES Pedras Rubias para dar conta do avance das obras. Ademais, celebrouse unha xuntanza coa dirección do centro para analizar as posibles necesidades de cara ao vindeiro curso.

A alcaldesa tamén estivo nas instalacións de servizos sociais, un departmento fundamental que xestiona programas tan importantes como o programa de alimentos, o servizo de axuda no fogar, a teleasistencia domiciliaria, o xantar na casa, o programa de camas articuladas e moitos outros de grande importancia para a veciñanza.