Portas abertas nas fins de semana dos muíños de Salceda


Salceda de Caselas | Os muíños de Salceda terán as portas abertas nas fins de semana deste verán.Os visitantes do noso concello poderán visitar os muíños situados na Senda do Río Caselas.
Cada muíño conta cunha exposición de fauna, micoloxía e flora, que os visitantes poderán contemplar para coñecer as características ecolóxicas e poboacionais que se inclúen na  nosa senda, e así percatarse da importancia dos nosos espazos naturais  e do bo estado de  conservación que presentan.
Os muíños xa foron abertos a pasada fin de semana co obxecto de que a xente que visitase o noso concello, con motivo das festas, puidera observar os 4 muíños rehabilitados do concello. O éxito acadado debido a gran afluencia de xente que os visitou, deriva na idea de abrilos cada fin de semana, para que a xente poida coñecelos, e se achegue ata o noso concello para disfrutar dunha boa camiñata.
“É moi importante que a xente poida contemplar a rehabilitación feita nos muíños situados na senda do noso río, e ademáis visitar as exposicións da fauna, flora e micoloxía presentes na nosa senda”. Asegura Cándido Lorenzo Concelleiro de Medio Ambiente.

Outros artigos