Porriño anuncia o festival “Sons da Canteira”, o sábado 29 de agosto en Vilafría

O Porriño | O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, anuncia a celebración do festival musical “Sons da Canteira” que terá lugar o sábado 29 de agosto, no espazo en restauración que ocupou a canteira de Vilafría.

“Este festival de música galega que organiza o Concello nace con vontade de continuidade e supon que a modernidade da música galega entre nunha canteira en restauración no Porriño”, segundo valorou Cami Moreira, concelleira responsable.

Neste primeiro “Sons da Canteira” haberá catro actuacións. Abrirá o dj e o artista multimedia Juanma LoDo. Polo escenario seguirán o grupo “Baiuca”, Mercedes Peón e o dúo Laura Lamontagne e PicoAmperio. Todos eles empregarán (videomapping) proxeccións en vídeo contra a muralla de pedra que servirá de anfiteatro natural. Tamén colaborarán no festival catro componentes da Asociación “Os Penediños” de Atios.

Estableceronse estritos protocolos anti-Covid para garantir a seguridade de público e participantes. O aforo está restrinxido, a tan só 500 persoas, con espazos reservados para cadeiras e mesas pois poderáse comer namentres se miran as actuacións xa que haberá duas “food trucks”.

As localidades están á venda nesta páxina web. Co prezo da entrada incluese o autobús que traslada aos espectadores dende a Avenida de Galicia, no Porriño, ata a canteira de Vilafría.
O Festival está programado para comezar ás 18 horas.