Populares de Tui suma a tres integrantes máis

Son os casos de Adri Vila, Dolores Muñoz e Jorge Lima

Tui/PPdeG | Populares de Tui segue dando pasos de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Na última semana, presentaron a tres integrantes que acompañarán a Nico Montes na candidatura para o 28 de maio.

O primeiro en presentarse foi Jorge Lima, enxeñeiro técnico e actual concelleiro do Grupo Municipal Popular. O segundo anuncio foi Dolores Muñoz, arquitecta veciña de Paramos ligada ao movemento asociativo das persoas con diversidade intelectual.

O último en presentarse foi o emprendedor Adri Vila, coñecido en Tui por pola súa labor durante a pandemia onde repartiu almorzos gratuítos para as persoas que estaban en cuarentena.

“O que buscamos para Tui é un Goberno preparado para afrontar os retos que temos por diante como cidade. É por isto que estamos formando a lista coas persoas máis preparadas e ilusionadas co proxecto e co cambio que necesitamos os tudenses na xestión municipal”, declara Nico Montes.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.