"Ponte… nas ondas!" visita ao serán de Salceda

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas acolleu o pasado luns 20 de febreiro a un grupo internacional convocado por “Ponte… nas ondas!”, coa fin de recuperar a nivel europeo aquelas danzas e tradicións típicas de áreas de pequena extensión, coa fin de dalas a coñecer en diferentes partes do mundo.
O acto comexou co recibimento no Concello de Salceda a cargo de Marcos Besada e Teresa Pérez, que explicaron a importancia da existencia de pequenos grupos culturais que se encargan de manter vivo o patrimonio inmaterial, como é o caso do serán de Salceda que manten viva, neste caso, a Danza de Reis que se bailaba na zona.
A danza de reis consta de dous danzantes e unha dama, onde ambos danzantes tratan de conquistala, sendo a dama a que decida con qué danzante vai a seguir bailando a ribeirana.
Para coñecer in situ a danza, transladáronse á Casa da Música onde o serán reprensentou a Danza de Reis e a acompañaron de cantigas. Os asistentes ao acto mostratronse interesados por coñecer os intrumentos musicais que integraban a actuación, así coma a propia danza.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, incidiu na problemática que teñen este tipo de danzas, xa que “entanse perdendo este tipo de danzas porque non hai cambio xeracional e a xente que integra o grupo ten unha idade xa considerada para que siga pervivindo durante mais tempo”. Ademáis falou de intentar crear unha Escola de Danza Tradicional que se encargue de ensinar este tipo de danzas.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, salienta “a importancia destes proxectos, xa que permite dar a coñecer a diferentes partes do mundo parte da nosa historia, e aínda tratándose dunha pequena vila ten unha grande tradición que mostrar ao mundo. É un placer acoller este tipo de proxectos que permitan inmortalizar a nosa cultura”.