Ponte…Nas Ondas! presentará a súa experiencia no foro Hispania Nostra de patrimonio transfronteirizo

Entre o 23 e o 26 de marzo de 2023 en Badajoz

Vigo | O 42º Foro Hispania Nostra ten lugar entre o 23 e o 26 de marzo de 2023 no Hospital CentroVivo, en Badajoz. No marco dos debates, conferencias e intercambio de experiencias está prevista a intervención de PNO!.

Na segunda mesa redonda do venres 24, baixo o título “Educación Patrimonial”, deseñado co fin de debater sobre a difusión, fomento e protección do patrimonio propio e transfronteirizo, está prevista a intervención de Santiago Veloso, en representación da Asociación Cultura e Pedagóxica Ponte…nas Ondas!

Na mesma mesa, e moderados por Carmen Corchero Ovejero, docente da Consejería estremeña e Coordinadora da Área Social de Amigos de Badajoz, estarán tamén Carlos Beirao, profesor e presidente da Associação Juvenil Arkus, e Manuel López García, vocal de educación patrimonial da Asociación Amigos de Badajoz.

Aquí o programa completo.