Ponte de Lima deu inicio ao Ano Santo Jacobeu

Coa visita da Secretária de Estado Adjunta e do Património Cultural, Ângela Ferreira
Co Painel de Azulejos detrás, os asistentes aprecian a colorida alfombra conmemorativa.

Ponte de Lima | A Câmara Municipal de Ponte de Lima deu comezo este 23 de xullo ás conmemoracións relativas ao Ano Santo Jacobeu “Caminho Português de Santiago”, a través da visita a esta localidade limense da Secretária de Estado Adjunta e do Património Cultural, Ângela Ferreira.

Acompañada do presidente da Câmara Municipal, Victor Mendes, Ferreira inaugurou o Painel de Azulejos referente à passagem de D. Teresa e D. Henrique localizado na freguesía de Correlhã, así como a obra de recuperación da Capela de Santiago na Correlhã, financiada polo Programa Operacional da Região Norte (NORTE 2020).

Esta capela está localizada ao fronte dunha casa particular, cuxos donos tamén realizaron unha colorida alfombra conmemorativa. A freguesía de Correlhã é punto importante de paso de peregrinos deste tramo do camiño xacobeo.

Visita á Capela de Santiago na Correlhã.

Posteriormente, a comitiva gobernamental trasladouse ao Museu dos Terceiros, no centro de Ponte de Lima, para inaugurar a Exposición sobre o Caminho Português de Santiago, tamén financiada dentro do Programa Operacional da Região Norte (NORTE 2020), e a presentación do Boletim Cultural: “Ponte de Lima: do passado ao presente, rumo ao futuro”, subordinado ao tema “Caminho Português de Santiago”.

Nesta visita puido apreciarse o acervo histórico e de patrimonio do Caminho Português de Santiago así como a beleza arquitectónica deste museo, que conta con dúas igrexas e convento do século XV, e a sobriedade do arte medieval e monacal barroco da Orden Terceira de San Francisco.

A exposición sobre o Caminho Português de Santiago estará exhibida no Museu dos Terceiros do 23 de xullo ao 30 de decembro de 2021.