“Póla Poesía”, un bosque de poesía en Carral feito pola Asociación EcoCultural Lacrar.

Carral | Este ano, e seguindo o camiño aberto o ano pasado a través do evento “A Poesía encéndeche luces”, a Asociación EcoCultural Lacrar celebra o Día Mundial da Poesía co evento “Póla Poesía”. Dende o 15 de febreiro e a través do evento creado no facebook e do correo electrónico da asociación recolléronse máis de un cento de poemas, entre eles moitos de creación propia. Ao igual que o ano pasado, este ano fíxose tamén algún poema comunal, así como a creación de poemas seguindo as instrucións feitas polo poeta galego Samuel L. París, coñecidas como “Poemarionova”. Todos estes poemas foron colgados das pólas das árbores do Campo da Feira, e ao longo de todo o día poderán ser vistos por todo o mundo que o desexe.

 

Ademais, unha faixa co lema “SOMOS A RAIZAME NA QUE PRENDERÁN AS NOSAS PÓLAS” está colgada enfronte ao sitio máis emblemático da vila, o cruceiro dedicado aos Mártires de Carral, concretamente na marquesiña situada na praza, para lembrar a todos os visitantes e viaxeiros que crucen Carral os obxectivos da Asociación EcoCultural Lacrar e a celebración do día da poesía.

 

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!