Plan Concellos 2022 mellorará camiños en Salvaterra

Nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño informa que están en proceso de licitación obras por preto de 170.000,00€ a través do Plan Concellos 2022, nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei.

As obras a realizar consisten na mellora de firme nos barrios de Igrexa, Coto e Monte da parroquia de Meder, no barrio da Salgosa, Burguete e Chans na parroquia de Fiolledo, a estrada entre Medóns e Casco na parroquia de Leirado e a de Pedramoura en Arantei. Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Mellora de Viais Municipais, que pretenden incrementar e favorecer a seguridade vial de condutores e peón ao longo da rede viaria municipal, a través da mellora dos pavimentos e ampliación da plataforma nos casos nos que sexa factible, e actuación de mellora nas redes de drenaxe de augas pluviais nas zonas que o precisen.