Palestina, o Sáhara Occidental e a Terra dos Mapuches.

A opresión e traición a Palestina e ao Sahara Occidental non pode saír gratis. Todos os pobos teñen dereito á súa soberanía e ao exercicio pleno dos seus dereitos individuais e colectivos. Porén tanto a monarquía alauita como o Estado de Israel son rexímenes que non respectan os dereitos humanos; todo o mundo o sabe.

Aliáronse co patrocinio dos EE.UU para perpetuar a opresión e o exterminio destes dous pobos asoballados. Moitos gobernos miran para outro lado ou gardan un silencio cómplice, porén nin o nacionalismo galego nin os gobernos lexítimos o fan, porque o que nestes lugares ocorre son feitos que non se poden tolerar.

Estremecen calquera conciencia. Informádevos destes e doutros casos e tomade partido, porque a indiferenza mata.  E a máis pequena acción vale máis que a mellor das intencións.

O pobo marroquí tamén sofre a inxustiza do seu propio réxime, ao igual que a cidadanía decente de Israel; porén o sufrimento maior é o destes dous pobos irmáns: o saharaui e o palestino.

“O povo é quen máis ordena” e ás veces cando os gobernos fan algo positivo é pola presión popular; pois os intereses do coloso norteamericano pesan moito… demasiado.

Teñámolo en conta e presionemos e axudemos para que estas e outras nacións oprimidas sexan libres e soberanas, donas de si, da súa terra e dos seus recursos. Porén a codicia manda…

No caso do pobo mapuche vése tamén moi claramente: foron desposuídos da maior parte das súas terras e dos seus recursos por multunacionais e grandes empresas. O seu idioma e a súa cultura reprimidos durante moito tempo.

Abocados á extinción e á miseria ou á resistencia.  Coa nova constitución chilena e co novo goberno poden mellorar as cousas… Ogallá; e poidésemos vivir todas e todos en paz e liberdade e con xustiza.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.