Paco Ascón inaugurou exposición no Círculo Saviñao

“As Portas de Lugo" estará aberta todo o mes de xullo

O Saviñao | No Círculo Saviñao de Escairón inaugurouse con gran asistencia de público, a exposición “As Portas de Lugo” do pintor de Xares, Paco Ascón. Unha mostra do talento deste artista, que combina o realismo coa maxia da súa busqueda permanente da felicidade que se transmite nos seus cadros, renunciando ao feísimo imposto.

Tamén os asistentes gozaron do seu libro “Ter ou Ser” recentemente publicado. En palabras de Enrique Sampil presidente do Circulo Saviñao, unha invitación á relectura da fábula “A formiga e a cigarra” onde o tempo de cantar é tan importante como o dedicado á laboriosidade

Paco Ascón convidou ao público á busqueda da felicidade, porque aí radica a nosa misión neste breve lapsus que é a vida.

O escritor Avelino Jácome fixo mención dos sentimentos que verte entre líneas o autor neste libro, que se converte nunha lección de vida.

Pechouse o acto coa intervención espontánea da poeta ourensan Marina Sánchez que coa súa sensibilidade e dozura conmocionou aos asistentes. A mostra pode visitarse ao longo de todo o mes de xullo, un luxo para os sentidos e sen dúbida unha experiencia inesquecible.