Ourense celebrou a festividade de San Lázaro

En parque que leva este nome queimáronse as Madamitas

Ourense | A cidade celebrou a festividade de San Lázaro xornada que comezou coa misa na igrexa de Santo Domingo e procesión ata a igrexa de Franciscanos en Parque de San Lázaro.

A continuación tivo lugar a alborada con cabezudos e gaiteiros desfilando pola rúa do Paseo. Á unha da tarde queimáronse as Madamitas na entrada á subdelegación do Goberno con bo tempo e ausencia de choiva. A contorna do parque estaba repleto de postos de venda de rosquillas.

As madamitas son figuras confeccionadas con arame e papel que están recheas de pólvora e que viran sobre si mesmas e estalan posteriormente. A celebración baséase nun rito pagán (século XII), que dá a benvida á primavera e anuncia a cercanía da Semana Santa.

Suponse que a queima das madamitas provocaría a espantada dos malos espíritos para que os leve o frío inverno. Na foto de Sonia Pedrayo Figueiral as madamitas antes da queima.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.