Os veciños de Salceda de Caselas acoden á charla informativa sobre as preferentes

Salceda de Caselas | Exitosa charla a celebrada o xoves 26 no Auditorio do Concello de Salceda de Caselas que tiña como tema principal informar sobre a comercialización de “participacións preferentes” por parte das entidades bancarias.
Ao acto asistiron diversos colectivos entre os que se atopan as Plataformas do Rosal e o Condado, ADICAE , a OMIC de Salceda de Caselas e o Alcalde Marcos Besada.
Na charla se falou das diversas vías polas que se está a actuar en relación á problemática existente coas preferentes, coñecendo as vantaxas e desvantaxas que ten cada unha das vías abertas ca fin de denunciar dunha forma ou outra o malestar xeral que está a provocar a non devolución do capital inicial investido a través do producto de alto risco que non cumpría coas condicións iniciais.
Na charla acordouse proporcionar dous días de atención ao público dende a OMIC do Concello coa finalidade de poder atender a todos os veciños e veciñas que queiran recibir asesoramento sobre as diferentes vías aberts de reclamación. Estos días serán os martes e xoves de todas as semanas, nun
horario de atención de 09:00 a 14:00.
Dende as plataformas, convidan á xente a unha participación masiva na rúa, xa que aseguran que é a mellor forma de poder pedir responsabilidades e solucións. Só manténdose unidos se poderá recuperar os cartos de todos e todas.